O Goberno xustifica a ausencia de Filipe VI en Barcelona para "protexer a monarquía"
Segue sen saberse por que non estará Filipe VI este venres en Barcelona entregando os despachos a unha nova promoción de xuíces. O ministro de Xustiza falaba, sen especificar, dun paquete de razóns.
Juan Carlos Campo, ministro de Xustiza, dicía que "hai momentos en que hai que sacrificar algo a prol de algo máis seguro. Creo que na mente de todos están toda una serie de circunstancias e variables que poderían cuestionar cousas. Creo que a maior obriga que ten o Goberno é protexer as institucións e sen dúbida a monarquía éo"
Xuíces para a Democracia non cre tan importante que o rei non acuda, pero bota en falla máis transparencia. O seu vicevoceiro, Fernando de la Fuente, cre que "se hai motivos, sexa de seguridade ou de calquera outro tipo, o que hai que facer é explicalo. E explicarse con detalle sempre que se poida explicar. E se non se pode explicar porque hai motivos de seguridade reservados que implican non explicalo, pois que tamén se diga"
A cúpula do Consello Xeral do Poder Xudicial acordou que o seu presidente, Carlos Lesmes, introduza unha referencia ao monarca no seu discurso no acto. A título individual, seis vogais do órgano de poder dos xuíces lamentaron ausencia do rei nun comunicado en que reafirmaron a súa admiración e respecto pola súa figura.