CRTVG

Buscar

O Goberno vasco quere estender o estatuto ético dos cargos públicos a todos os funcionarios

Publicado o 14/09/2018 15:22

O Goberno vasco propón prohibirlles aos funcionarios criticar publicamente a Administración da que dependen.Isto é algo que xa non poden facer os cargos públicos en virtude do seu código ético, pero que agora o Goberno quere estender a todos os empregados públicos. De saír adiante a proposta, os funcionarios tampouco poderán recibir agasallos que excedan a cortesía nin cobrar pola súa participación en conferencias e outras actividades.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/09/2018