CRTVG

Buscar

O Goberno vasco endurece as restricións

Publicado o 17/10/2020 14:57

Os datos da evolución desfavorable da pandemia en Euscadi levaron ao lehendakari íñigo Urkullu a convocar con carácter de urxencia o comité asesor do coronavirus, que estaba prevista para o venres que vén. A Consellería de Saúde notificou 841 contaxios nas ultimas horas, 13 máis ca onte. Realizáronse case 11.000 probas PCR, cunha porcentaxe de positivos do 7,9 por cento, moi por riba do 5 por cento, en que se consdiera que a covid-19 está baixo control.

Gotzone Sagarduy, conselleira de Saúde: "A tendencia dos datos é ascendente e a previsión é que siga medrando nos próximos días, a pesar das medidas restritivas o virus segue entre nós, temos que tomar medidas máis duras, non nos queda outra que sei máis estritos".

O Goberno vasco decidiu endurecer as restricións, pero sen confinamentos xeneralizados.

Gotzone Sagaduy, conselleira de Saúde: "As agrupacións máximas redúcense a un máximo de 10 a seis persoas, as ocupacións ao 50 por cento de todos ámbitos, hostalería, eventos culturais, relixiosos, mesmo no uso de ascensores e cabinas".

Tamén se establecen límites na asistencia a eventos, 400 en interior e 600 en exteriores. Tamén se adianta unha hora, da unha ás doce, o peche de bares e locais nocturnos. O Goberno vasco resforzará a vixilancia e o rastrexo do virus contratando 45 persoas. Estas restricións terá que ratificalas o Tribunal Superior do País Vasco.




 

Noticias web

17/10/2020