CRTVG

Buscar

O Goberno vai reformar o sistema polo que cotizan os autónomos

Publicado o 05/10/2020 15:55

O Goberno central quere establecer un novo mecanismo no sistema de cotizacións dos autónomos segundo tramos de renda, en lugar do actual de bases. Na práctica, din desde a Federación de Autónomos, suporía un incremento das cotizacións para o 70 por cento deste colectivo.

Os autónomos cren que este non é o momento de subir o que pagan á Seguridade Social pola situación de incerteza que están a vivir. Apuntan que o 50 por cento das pemes están a ter perdas.

Noticias web

05/10/2020