CRTVG

Buscar

O Goberno vai concentrarse na investidura de xullo, e urxe a Podemos a que responda á súa proposta

Publicado o 28/06/2019 14:57

Dous meses despois das eleccións xerais, as negociacións entre PSOE e Unidas Podemos están paralizadas. E co presidente en funcións no cumio do G-20 en Osaka, que enlazará co Consello Europeo en Bruxelas, pouco se vai avanzar nas negociacións: non hai máis contactos previstos, e os partidos mantéñense nas posicións de partida. O Goberno non quere pensar nunha investidura frustrada, e urxe a Podemos a que responda á proposta de Sánchez.

Isabel Celaá, voceira do Goberno en funcións, asegurou: "Imos concentrarnos nesta investidura de Xullo, ningún bo alumno leva as notas a setembro. A Administración fai moito por levar os contidos adiante, necesitamos recibir resposta a esa proposta".

Pablo Iglesias acaba de responderlle: Sánchez terá que aceptar un goberno de coalición, porque repetir eleccións sería irresponsable. O PP tampouco as quere, malia que cren que os beneficiaría polos votantes arrepentidos.

"Se houbese repetición electoral non votarían a Vox, ou a Ciudadanos, pero non queremos xogar con esa vantaxe porque cremos que é imprescindible que se forme un goberno canto antes", dixo Javier Maroto.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/06/2019