CRTVG

Buscar

O Goberno vai ampliar e facilitar a devolución dos créditos ICO

Publicado o 14/11/2020 20:55


O Goberno vai ampliar os créditos ICO para as empresas e autónomos, e ademais facilitará a súa devolución ante a evidencia da prolongación da pandemia. Así o avanzou hoxe a ministra de Asuntos Económicos, Nadia Calviño, quen salientou que aumentarán os prazos de amortización para os créditos xa concedidos.

Calviño explicou que o obxectivo é evitar que empresas viables acaben pechando pola caída transitoria da súa actividade nesta segunda vaga da covid-19. "Estamos traballando para que no vindeiro consello de ministros se adopten medidas para o apoio á solvencia das empresas, que, entre outras cousas, incluirán modificacións e extensións dos períodos de carencia e de amortización dos avais concedidos polo Instituto de Crédito Oficial", sinalou a vicepresidenta terceira do Goberno.

 

Noticias web

14/11/2020