CRTVG

Buscar

O Goberno trasladará os restos de Franco ao cemiterio do Pardo o 10 de xuño

Publicado o 16/03/2019 11:36

• 33 millóns para modernizar o tren entre Lugo e Ourense

O Goberno ponlle data á exhumación dos restos de Franco, o 10 de xuño serán trasladados do Val dos Caíos ao cemiterio do Pardo, onde van ser soterrados no mesmo panteón en que está a súa muller. Así o aprobou o Goberno no Consello de Ministros de hoxe. Pero a exhumación aínda está pendente do Supremo, que ten que decidir se acepta o recurso da familia Franco.

O Goberno dá o último paso para a exhumación dos restos de Franco, e aproba facela o próximo día dez de xuño. Os restos trasladaranse do Val dos Caídos ao cemiterio do Pardo, onde serán soterrados. Todo, advirte o executivo, pola mañá e coa máxima discreción, sen cámaras.

O executivo quere deixar pasar as eleccións para culminar o que foi un dos grandes asuntos da lexislatura. A decisión está tomada, pero depende aínda do que resolva o Tribunal Supremo, que ten que decidir se acepta ou rexeita o recurso que presentou a familia Franco.

 

O Consello de Ministros aprobou tamén impugnar ante o Constitucional a resolución do Parlamento de Cataluña de crear unha comisión de investigación sobre a monarquía. 

No tocante a Galicia, o Goberno deulle luz verde a un investimento de case 33 millóns de euros para o tren galego. Serán dúas partidas que irán destinadas a renovar e modernizar a liña ferroviaria entre Lugo e Ourense, co fin de mellorar a súa seguridade e recortar os tempos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/03/2019