CRTVG

Buscar

O Goberno mobiliza 18.000 millóns para paliar os efectos sanitarios e económicos do coronavirus

Publicado o 12/03/2020 21:05

• Sánchez: "Faremos o que faga falta"

O Goberno mobiliza 18.200 millóns para combater os efectos sanitarios e económicos do coronavirus  Nun Consello de Ministros extraordinario aprobouse o plan de choque nun real decreto lei que vai en entrar en vigo a partir de mañá.

O paquete de medidas está destinado a reforzar a sanidade e a axudar os sectores máis prexudicados, como é o do turismo e o do transporte."O noso país e o mundo enfróntanse a unha emerxencia sanitaria con múltiples consecuencias económicas e sociais", anuncia Pedro Sánchez, presidente do Goberno. Para paliar esta situación de emerxencia, o Goberno aproba un paquete de medidas sanitarias e económicas por valor de 18.000 millóns. E pídelles aos partidos sacar adiante uns novos presupostos.

"A resposta económica a esta emerxencia veríase facilitada se puideramos contar xa cuns novos Orzamentos Xerais do Estado que resultan cada vez máis urxentes. Os orzamentos terán que ser xa non sociais senon ultrasocias", di Pedro Sánchez, presidente do Gobenro.

No eido sanitario, o Goberno transfire 2.800 millóns ás comunidades para reforzar os servizos sanitarios e destina outros mil millóns para intervencións sanitarias prioritarias. Para reactivar a economía, as pemes e autónomos poderán aprazar seis meses as débedas tributarias sen xuros.
"Está é unha importante medida que vai permitir inxectar 14.000 millóns de euros de liquidez no noso sistema económico", asegura Pedro Sánchez, presidente do Goberno.

Os sectores máis afectados, o turístico e o do transporte, recibirán 400 millóns. Amplíanse ademais as bonificacións da Seguridade Social aos traballadores fixos discontinuos. Os servizos sociais recibirán 25 millóns para asegurar a alimentación dos nenos máis vulnerables agora que os colexios están pechados. O presidente do Goberno fai un chamamento á responsabilidade e á disciplina de todos. "Seguir as recomendacións oficiais, subliño, seguir as recomendacións oficiais no noso espazo persoal e familiar, actuar, en consecuencia, con responsabilidade e disciplina", afirma Pedro Sánchez, presidente do Goberno.

Sánchez recoñece que a situación é dificil, pero di estar convencido de que se superará: "Faremos o que faga falta, onde faga falta e cando faga falta".

O presidente do Partido Popular, Pablo Casado, cualificou de decepcionante a intervención do presidente. Considera que as medidas anunciadas son insuficientes para parar a pandemia e tamén para reactivar a economía. O líder dos populares reiterou que seguen abertos ao diálogo e á negociación, pero non apoiarán uns orzamentos do Estado pactados polo PSOE e Unidas Podemos.

Noticias web

12/03/2020