CRTVG

Buscar

O Goberno toma posesión hoxe para decidir o venres as primeiras medidas

Publicado o 13/01/2020 08:25

• Once homes e once mulleres, xunto a Sánchez, conforman o primeiro executivo de coalición desde a época da República

Os ministros do goberno prometen o cargo esta mañá ante o rei e posteriormente toman posesión das súas carteiras. Son once homes e once mulleres que xunto a Sánchez conforman o primeiro executivo de coalición desde a época da República, que inaugura unha nova etapa política despois dunha prolongada situación de bloqueo.

"É un goberno de coalición pero cun firme propósito de unidade, que se vai nutrir de ideas plurais pero que vai camiñar nunha única dirección, falará con varias voces pero sempre cunha mesma palabra", afirmana o presidente do Goberno. Presentaba onte un a un os membros dun novo executivo, paritario. O primeiro executivo de coalición desde a República será o máis amplo despois dos de Suárez.

"É un goberno composto por persoas de amplas traxectorias que avalanb a súa capacidade, e abundan en perfiles de rotunda competencia económica para abordar os desafíos que ten o noso país no medio prazo", dixo.

Primeiras medidas, este venres Suba das pensións e dos salarios públicos

Transición ecolóxica cara un novo modelo enerxético, transición dixital e dereitos sociais marcarán as liñas dun executivo que promete cumprir cos obxectivos de déficit marcados por Buxelas. O 1º Consello de Ministros celebrarase mañá e o venres poderían chegar as primeiras medidas. A actualización pendente das pensións, un 0,9% con efecto reatroactivo para recuperar o poder adquisitivo, que se sumará á suba pactada co PNV. Tamén se actualizará o salario dos funcionarios e dos empregados públicos e. se da tempo a un acordo cos axentes sociais, unha nova suba do salario mínimo.

"Esta debe ser a lexislatura do diálogo social, territorial e xeracional. Os cidadáns estannos a reclamar ao políticos unha España de Moderación", afirmou,

Xunto á Vicepresidenta Calvo e os ministros de xustiza, administracións públicas e Sanidade, Sánchez liderará personalmente as negociacións polo asunto de Cataluña. Non aclarou se estará en mesmo na mesa de gobernos p¡ero Sánchez anunciou unha reunión nos próximos días co president Torra. Aclarou que será antes de que chegue a prevista inhabilitación por parte do Supremo.

Noticias web

13/01/2020