CRTVG

Buscar

O goberno tacha de lamentable o veto de Salvini ao Open Arms

Publicado o 16/08/2019 19:51

Trece persoas foron evacuadas nas últimas horas do Open Arms, 5 delas con problemas psicolóxicos graves. Para os outros 134 rescatados pola ONG española, todo segue igual. Agardan fronte á illa de Lampedusa un permiso para atracar que non chega. E iso que hai xa 6 paises dispostos a acollelos. Está claro que non podemos redistribuílos se non hai desembarco, dicía a voceira comunitaria. O goberno español critica xa directamente ao ministro do Interior italiano, Mateo Salvini, pero tamén a actitude da oposición.

Margarita Robles, ministra de Defensa en funcións, di que "creo que é moi lamentable o que está facendo Salvini, que por sorte está sendo desacreditado polo seu goberno, pero tamén creo que o Partido Popular debería de ter un pouco máis de responsabilidade de estado"

Ciudadanos e o PP ven incoherente a postura do Goberno nesta crise comparada coa que adoptou na do Aquarius.

Nacho Martín Blanco, de Ciudadadanos, cre que "o que non pode haber son políticas efectistas, demagóxicas, que busquen a fotografía e presentarse como o único gobernante humanitario de Europa" Juanma Moreno,  presidente da Junta de Andalucía, di que "creo que se está utilizando este tema con moita demagoxia por parte do Goberno central, creo que non ten un criterio claro como demostrou este ano, deu un bandazo facendo unha cousa e a contraria en menos dun ano"

Andalucía estaría disposta a acoller inmigrantes do Open Arms se hai un acordo global entre todas as comunidades autónomas.

Noticias web

16/08/2019