CRTVG

Buscar

O goberno socialista debate os orzamentos na semana que comeza o xuízo do "procés"

Publicado o 10/02/2019 15:01

A que entra volve ser unha semana complicada para Pedro Sánchez. O mércores o Congreso vota os orzamentos. Unhas contas que, de non retirarse ningunha das seis emendas á totalidade, poderían quedar definitivamente rexeitadas.

Só o impediría que os partidos cataláns retirasen as súas e votasen en contra das dos outros partidos. Algo que aseguran non desvelarán ata o último minuto. Desde A Moncloa advertían este venres, que de non saíren adiante as contas acurtaríase a lexislatura. Na decisión final pode influír o rumbo que tome o xuízo do procés, que comeza este martes.

Noticias web

10/02/2019