CRTVG

Buscar

O goberno saca outros 3.600 millóns do peto das pensións

Publicado o 15/11/2019 21:16

ESTADO FONDO RESERVA PENSIONS

O Goberno recorre outra vez ao peto das pensións. Sacará o máximo que lle permite a lei, arredor de 3.600 millóns de euros.

Magdalena Valerio, ministra de Traballo en funcións, aclara que "isto non significa que vaiamos ter que utilizar toda esa cantidade. Espero e desexo que non, que se seguen indo tan ben como van as cotizacións en novembro e decembro, a cantidade que teñamos que usar do fondo de reserva sexa inferior a este tope máximo".

Aínda así, a nova mingua deixará ese peto de emerxencia, que chegou a ter 67.000 millóns de euros en tempos de Zapatero, en 1.500, a cifra máis baixa desde o ano 2000. Os cartos fan falla para pagar a extra de Nadal dos pensionistas, para o que ademais o Tesouro vai transferir outros 600 millóns de euros á Seguridade Social.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/11/2019