CRTVG

Buscar

O Goberno rexeita a convocatoria dun referendo á escocesa para Cataluña

Publicado o 20/03/2017 20:50

Puigdemont e Junqueras asinaron un artigo en 'El País' en que lle reclaman a Mariano Rajoy a negociación dun referendo acordado e repróchanlle a súa ausencia de diálogo

O Goberno respóndelle a Puigdemont e Junqueras que en España é imposible un referendo negociado, que non é cuestión de vontade política se non de legalidade. Esta era a proposta que facían nun artigo publicado hoxe no diario "El País" o  presidente é o vicepresidente da Generalitat.

"Por cuestión de legalidade non é posible un referendo negociado en Cataluña", respóndelle o Goberno de España a proposta realizada por Puigdemont e Junqueras nun artigo publicado no diario 'El País' que titulan "Que gañe o diálogo, que decidan as urnas". O artigo está asinado polo presidente e o vicepresidente da Generalitat. Din que eles xa están sentados á mesa e pregúntanse "se van vir o resto dos convidados". A proposta é negociar un referendo similar ao escocés, en que aos cataláns se lles faga unha pregunta similar á que fixeron es Escocia: "Debería Escocia ser un país independente?" E a resposta que fose 'si' ou non'. Sen máis", rematan asegurando que van facer "o indicible para que os cataláns poidan votar en 2017".

O presidente do PP de Cataluña dicía esta mañá que os independentistas son conscientes de que non se vai celebrar o referendo. "Forma parte da campaña de eleccións autonómicas. Son moi conscientes de que non se vai celebrar o referendo", respondía Xavier García Albiol.

A vicepresidenta do Goberno catalán asegurou que non había unha liña de diálogo aberta co Goberno Central sobre o referendo pero que a seguirían pedindo. "Non nos cansaremos de pedila, de pedir que se produza este diálogo, no que se poida abordar esta cuestión", asegura Neus Monté.

Pola súa parte Oriol junqueras criticou a participación do Partido Socialista Catalán na manifestación de onte en Barcelona contra o proceso soberanista.

"O Partido socialista afastouse moito, moito, moito do que foi a súa historia e o que tería que ser o seu futuro", dixo o vicepresidente catalán.

O líder socialista catalán Miquel Iceta criticou que o Goberno da Generalitat pida acordo pero incumpra a lei e dea un ultimato.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/03/2017