CRTVG

Buscar

O Goberno resta importancia ao informe sobre a quebra da Seguridade Social

Publicado o 11/06/2019 19:07

O Tribunal de Contas fiscalizou o período 2010-2017. A Seguridade Social acumula un burato de 100.000 millóns de euros. Dende Facenda réstanlle importancia ao informe e aseguran que xa adoptaron medidas para soster o sistema.

Montero tamén se referiu ás cartas da Axencia Tributaria que están a recibir autónomos e pemes. Insiste en que teñen un carácter preventivo e coas que se busca a autorregulación por parte do contribuínte.

A ministra anunciou que na nómina do mes de xuño os funcionarios contarán co incremento do 0,25%. Montero falou na visita á delegación de Facenda en Madrid. Cando faltan tres semanas para o final da campaña da renda, a Axencia Tributaria xa devolveu en Galicia 295 millóns de euros a algo máis de 450.000 contribuíntes.


 

Noticias web

11/06/2019