CRTVG

Buscar

O Goberno remítese ás palabras de Guaidó: "España é aliada da causa democrática"

Publicado o 17/02/2020 14:00

José Luis Ábalos admite que está canso de que lle pregunten pola man dereita de Nicolás Maduro. E aclara que as palabras deste sobre o polémico encontro nocturno en Baraxas, que cualificou de secreto, eran unha ironía evidente.

Tamén lle preguntaron este luns pola posición de España sobre Venezuela á ministra de Exteriores, que está en Bruxelas. Arancha González Laya remitiuse ás últimas declaracións de Juan Guaidó ao respecto, e dixo que está aberta a disipar as dúbidas de calquera dos seus colegas europeos.

O sábado, Guaidó referiuse a España como un aliado da causa democrática, e lembrou que o noso foi o primeiro país europeo en recoñecelo como presidente hai agora un ano.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/02/2020