CRTVG

Buscar

O Goberno reivindica a fin da ETA como unha "derrota sen paliativos"

Publicado o 20/10/2021 20:01

No décimo aniversario da fin da violencia da ETA, o lendakari quixo escenificar cos mozos vascos a nova etapa que se abriu despois de que a banda terrorista anunciara que abandonaba as armas. Íñigo Urkullu lamentou "a dor innecesaria" que supuxo a ETA en Euskadi.

Tamén a presidenta de Navarra se referiu á violencia inxusta e ilexítima, nun acto a carón do monumento ás vítimas do terrorismo.

Desde Vitoria, o ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, reivindicou a memoria das vítimas e avogou por facer prevalecer o seu relato: "Debemos lembrar que a ETA foi só violencia irracional e o seu cesamento definitivo foi unha derrota sen paliativos porque non alcanzou ningún dos seus obxectivos políticos. Foi a derrota da ETA o maior logro da democracia española".

Noticias web

20/10/2021