O Goberno recoñece a covid-19 como enfermidade profesional para os sanitarios
O Consello de Ministros aprobou hoxe o recoñecemento da covid-19 como enfermidade profesional para os sanitarios.
Foi a primeira reunión de todo o Executivo despois dos cambios, con Carolina Darias como ministra de Sanidade e Iceta en Política Territorial.
Tamén aprobaron que os sanitarios xubilados poidan traballar contra a covid mentres seguen cobrando a pensión.
A declaración da covid como enfermidade profesional supón que os sanitarios xa non terán que acreditar o contaxio cun parte de accidente de traballo.
E a Seguridade Social cubriralles todas as baixas que precisen durante toda a vida laboral. Terá efectos retroactivos dende marzo e beneficará todo o persoal dos centros sanitarios, dende os médicos a celadores ou auxiliares. En cambio quedan excluídos os traballadores que estean subcontratados, como o persoal de limpeza.