CRTVG

Buscar

O Goberno reabre o debate sobre o pago polo uso das autovías

Publicado o 30/08/2021 11:38
O Goberno reabre o debate sobre o pago polo uso das autovías

O Goberno quere reabrir o debate sobre o pago polo uso das autovías. A nova ministra de Transportes busca unha fórmula para lograr un acordo co sector e para intentar o consenso político, tras o rexeitamento que suscitou a proposta enviada en maio a Bruxelas. Daquela o executivo propoñía cobrar a partir de 2024 por circular nas autovías estatais, ata agora gratuítas.

O Ministerio alega que serían prezos "simbólicos" para financiar o mantemento da rede, pero o sector do transporte advirte do impacto económico, que se traduciría nunha suba xeneralizada do prezo dos produtos.

Noticias web

30/08/2021