CRTVG

Buscar

O Goberno quere reducir a contratación temporal das empresas a un 15 %

Publicado o 14/10/2021 16:15

9 de cada 10 novos contratos que se asinan en España son temporais, unha cifra que representa o dobre da media europea.A proposta do Goberno, que agora valoran empresarios e sindicatos, obrigaría as empresas a contar cun 85 % de persoal indefinido para os postos de carácter estrutural.

Entre as propostas enriba da mesa está unha nova regulación das empresas de traballo temporal, que poderían contar con traballadores con contratos indefinidos para poñelos a disposición dos seus clientes en actividades de temporada.

O novo marco laboral deberá estar definido antes de que remate o ano para comezar a aplicar as medidas en 2022.

Noticias web

14/10/2021