CRTVG

Buscar

O Goberno quere prorrogar o estado de alarma quince día máis e levalo ata o 21 de xuño

Publicado o 31/05/2020 15:16

Pedro Sánchez comunicoulles a súa intención aos presidentes autonómicos na videoconferencia que mantiveron esta mañá. Conta xa co apoio do PNV e a abstención de Esquerra.

O presidente do Goberno díxolles aos líderes autonómicos que as comunidades terán a competencia para xestionar a fase 3 da desescalada. Varios presidentes autonómicos transmitíronlle a súa oposición á prorroga e moitos tamén lle pediron xestionar o ingreso mínimo vital.

 

Noticias web

31/05/2020