CRTVG

Buscar

O Goberno quere atrasar un ano a idade real de xubilación ata acadar os 65 anos e medio

Publicado o 11/01/2019 22:11

Os españois xubilámonos de media aos 62 anos e sete meses, moito antes do que marca a lei. Agora o Goberno quere atrasar un ano a idade real de xubilación ata acadar os 65 anos e medio en 2048. Acepta así unha das propostas da Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal para garantir o futuro do sistema de pensións.

Tamén é partidario de modificar os requisitos para cobralas. Permitirá as xubilacións anticipadas cofinanciadas pero só entre os colectivos que acepten aplicar maiores cotizacións. Tamén está a favor de estender de 25 a 35 anos o período de computo de vida laboral para o cálculo das pensións. Co que non está de acordo o executivo é con modificar a idade legal de xubilación máis alá dos 67 anos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

11/01/2019