O Goberno publicará en xuño a Oferta Pública de Emprego deste ano
O Goberno lanzará en xuño a Oferta Pública de Emprego deste ano. Anunciouno o ministro de Función Pública na que foi a súa primeira comparecencia en comisión parlamentaria. Miquel Iceta avanzou tamén que se prohibirá por lei e se sancionará o abuso da temporalidade no sector público para evitar que se repitan, dixo, os casos de traballadores que levan 20 anos de interinos.
"Comprometinme a traer a esta Cámara a reforma do Estatuto Básico do Empregado Público para que estableza a obrigatoriedade das administracións públicas de cubrir as prazas existentes que hoxe ocupan persoas sen contrato fixo. O obxectivo é desenvolver medidas efectivas para previr e sancionar o abuso e a fraude na temporalidade", di Miquel Iceta, ministro de Política Territorial e Función Pública.