CRTVG

Buscar

O Goberno publica os informes que avalaron o pase á fase 1 das comunidades autónomas

Publicado o 25/05/2020 22:47

• Consulta o informe sobre Galicia aquí

O Goberno publica os informes que avalaron o pase á fase 1 das comunidades autónomas

O Ministerio de Sanidade publicou este luns na súa páxina web os informes de todas as Comunidades Autónomas sobre o cambio de fase no plan de transición. O departamento que dirixe Salvador Illa colgou todos os informes en que se apoiou para xustificar o avance ou non dos distintos territorios segundo os parámetros establecidos polo propio Ministerio.

O ministro adiantou que os informes sobre o cambio de fase se farían públicos unha vez que todas as rexións pasasen á fase 1, o cal ocorreu este mesmo luns. A publicación dos informes fora demandada por varios gobernos rexionais para coñeceren os datos en que se apoiou Sanidade. Unha das máis duras foi a presidenta da Comunidad de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, tras as dúas negativas de Sanidade para que a rexión abandonase a fase inicial.

Galicia

- Salienta a capacidade para efectuar probas PCR na Atención Primaria dos casos sospeitosos (entre un 91 % e un 93 %).

- A porcentaxe máis alta de positivos de PCR está na provincia de Ourense (10 %) e a máis baixa en Lugo (2,9 %).

- Constata a baixa porcentaxe de doentes pola Covid-19 en UCI e as posibilidades de aumentar as unidades de hospitalización.

- Describre a información remitida pola Xunta sobre o reforzo en recursos e material.

- Fala do avallentamento da poboación e a dispersión xeográfica, aínda que só na relación entre as provincias occidentais e as orientais.

Madrid

- O primeiro informe, do 8 de maio, rexeitaba o pase á fase 1 pola elevada presión hospitalaria, entre outros aspectos.

- O segundo informe, do 15 de maio, descartaba o pase á fase 1 porque vía necesario mellorar a capacidade na detección e seguimento de casos.

- O terceiro informe, do 22 de maio, o que permitiu o avance, constata o reforzo na capacidade de realizar tests PCR e no seguimento de contactos.

 

Noticias web

25/05/2020