CRTVG

Buscar

O Goberno publica doce minutos antes do límite o decreto, que critican PP e Cs

Publicado o 29/03/2020 23:43

• Establece unha moratoria para que as empresas paralicen dun modo paulatino

O Goberno publica doce minutos antes do límite o decreto, que critican PP e Cs

O Goberno admitiu que a publicación do real decreto lei polo que se establece a suspensión das actividades non esenciais se retrasou para darlle a máxima precisón xurídica. A demora foi criticada por PP e Ciudadanos pola confusión que xera nalgúns colectivos.

A ministra de Defensa Margarita Robles asegurou, nunha entrevista a unha canle de televisión, que haberá unha moratoria para que certas actividade que non poden cesar inmediatamente se preparen para o seu peche.

O BOE establece: "Naqueles casos en que resulte imposible interromper de modo inmediato a actividade, as persoas traballadores (...) poderán prestar servizos o luns 30 de marzo de 2020 co único propósito de levar a cabo tarefas imprescindibles para poder facer efectivo o permiso retribuído recuperable sen prexudicar de maneira irremediable ou desproporcionada o reinicio da actividade empresarial".

Mentres a ministra recoñece que o Goberno puido cometer algúns "fallos" na xestión desta crise, o presidente do PP Pablo Casado pediu celeridade porque é "inadmisible" que "millóns de traballadores non saiban se este luns teñen que traballar e en que condicións".

O Real Decreto entra en vigor o mesmo día da súa publicación, este domingo 29 de marzo de 2020.

PARA VER ÍNTEGRO O DECRETO PREME AQUÍ