CRTVG

Buscar

O Goberno propón subir o salario mínimo 15 euros para o que queda de 2021

Publicado o 01/09/2021 14:58
EFE

O Goberno expuxo aos axentes sociais unha subida de 15 euros do salario mínimo interprofesional (SMI), ata 965 euros brutos ao mes, para o que resta de 2021, en tanto que para 2022 e 2023 propuxo senllas subidas de 31 euros, o que deixaría o SMI ao peche da lexislatura en 1.027 euros.

A proposta foi rexeitada polos axentes sociais, tanto polas patronais CEOE e Cepyme como polos sindicatos CCOO e UXT, co que o Ministerio de Traballo decidiu convocar unha nova reunión para o vindeiro luns para dar unha oportunidade ao acordo social.

Para os sindicatos, incrementar o SMI 15 euros en 2021 é insuficiente nun contexto de elevada inflación. Apuntan a unha suba maior, concretamente, 25 euros, como primeiro paso para chegar ao final da lexislatura cun salario mínimo que roldaría os 1.060 euros.

Mentres as patronais insistiron na súa negativa a unha subida este ano porque entenden que hai que dar prioridade á consolidación do emprego e a recuperación. Non é o momento, din, despois dun ano que cualifican como horrible, e cren que a suba agora o que fará é contraer máis o emprego.

Noticias web

01/09/2021