CRTVG

Buscar

O Goberno promete un novo sistema de pagamento en autovías homoxéneo: "Quen contamina, paga"

Publicado o 01/09/2021 08:22

EFE

EFE

A ministra de Transportes e Mobilidade Raquel Sánchez cifrou en 752 millóns de euros anuais para Cataluña e Aragón o aforro para os condutores que supoñerá a fin das peaxes da AP-2 e a AP-7, que cualificou como un "fito" e un "logro" do Goberno. Sánchez adiantou que o seu ministerio xa está a traballar en propostas alternativas ás peaxes para manter as estradas que agora se liberan.

O Goberno, segundo reiterou, quere aplicar un sistema baseado en que pague o que use as autoestradas, aínda que afirmou que este "non terá nada que ver" coas peaxes como as coñecemos e que será "homoxéneo" para toda España. A ministra avogou por "ser didácticos" e "asumir que se queremos unha rede de estradas competitiva e que sexa sostible, tamén hai que asegurar que a poidan financiar principalmente as persoas que a usan, seguindo o lema de quen contamina, paga". "O que buscamos é un sistema de tarifación por uso. Quen use que sexa o que pague. Non ten moito sentido que o mantemento vaia a cargo do orzamento e que pague o conxunto dos cidadáns, incluídos os que non usan as estradas", apuntou, tras sinalar que "en ningún caso será nada asimilable á peaxe tal e como a entendemos agora".

 

 

Noticias web

01/09/2021