CRTVG

Buscar

O Goberno promete garantir a seguridade ante a violencia "coordinada"

Publicado o 15/10/2019 23:45
O Goberno promete garantir a seguridade ante a violencia "coordinada"

O Goberno subliñou esta noite o seu compromiso de garantir a seguridade en Cataluña ante a violencia que se está producindo nas rúas e que segundo denuncia son accións "coordinadas" para "romper a convivencia".

Nun comunicado feito público na noite do luns, cando continúan os incidentes en Cataluña dentro das protestas contra a sentenza do " procés", o Executivo en funcións non fala de accións específicas pero recalca o labor das forzas de seguridade e valora a coordinación entre Mossos, Policía e Garda Civil.

Ademais, insiste en que actuará con "firmeza, proporcionalidade" e "unidade" co resto de formacións políticas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí