CRTVG

Buscar

O Goberno promételle á UE baixar o gasto público 12.900 millóns en 2022

Publicado o 16/10/2021 12:05

O Goberno español remitiulle á Comisión Europea a súa última edición do Plan presupostario, un documento no que adianta as súas intencións para 2022 e no que tamén resume as accións dos últimos meses.

Segundo as previsións do executivo, o gasto público caerá por primeira vez desde o ano 2016. A baixada á que se compromete o Goberno achégase aos 12.900 millóns en 2022, ata os 586 mil millóns.

Outro dato que chama á atención nese documento é que os ingresos se disparan por riba do medio billón de euros por primeira vez na historia.

A retirada das medidas anticovid permite que caian os desembolsos do conxunto das administracións. A mellora da situación sanitaria está a permitir que aos poucos se vaia retirando o enorme escudo social que despregou o Estado o ano pasado para facerlle fronte á pandemia.

 

Noticias web

16/10/2021