O Goberno prevé reactivar as viaxes do Imserso en setembro

O Goberno prevé comezar a comercializar as viaxes do Imserso en setembro para que a poboación maior poida comezar a viaxar en outubro.
Segundo a ministra de Industria, Comercio e Turismo, Reyes Maroto, o seu departamento traballa xa nos pregos para convocar un novo contrato.
"Temos que volver convocalo porque houbo que rescindilo como consecuencia da pandemia", explicou no Foro de Turismo de Europa Press. Segundo adiantou, nos novos pregos vanse incorporar "algunhas das reclamacións que o sector turístico nos fixo chegar durante estes meses".
Ademais da súa importancia económica e social, Maroto considera que a reactivación destas viaxes será "un novo fito, como foi a vacina de Araceli" polo que supón para a xente maior recuperar "unha certa normalidade".
"Nestes momentos, a poboación maior é a que precisa quizais máis cariño e estímulo á hora de poder viaxar", asegurou. Por outra banda, lembrou que ao seren as primeiras persoas que se están a vacinar, "danse as condicións de seguridade" para que poidan desprazárense.