CRTVG

Buscar

O Goberno prevé aprobar este venres por decreto un índice de prezos para o alugueiro

Publicado o 27/02/2019 15:13
O Goberno prevé aprobar este venres por decreto un índice de prezos para o alugueiro

O Goberno prevé levar este venres ao Consello de Ministros un novo real decreto lei de vivenda, para o que xa ten practicamente pechado un acordo con Podemos, que incluirá un índice de prezos para grandes cidades e melloras nos desafiuzamentos.

Dende o Executivo sinalan que aínda seguen traballando con PNV e PDeCAT para asegurar a validación do texto, pero cren que non haberá problema ao respecto.

O número dous de Fomento apuntou hai uns días a posibilidade de que se limiten os prezos do alugueiro que, en todo caso, é unha decisión que debería depender de concellos e autonomías, xa que cada mercado inmobiliario ten as súas propias características.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

27/02/2019