CRTVG

Buscar

O Goberno e a Xunta acordarán as rebaixas de peaxes da AP-9

Publicado o 10/03/2021 16:24

• Feijóo agarda que entren en vigor no segundo semestre

O Goberno e a Xunta acordarán as rebaixas de peaxes da AP-9

Reunión de Feijóo e a conselleira de Infraestruturas coa plana maior do Ministerio de Transportes, incluída a presidenta do Adif, que confirmou a posta en servizo do AVE a finais deste ano. O presidente da Xunta sae co compromiso de José Luis Ábalos de impulsar o corredor atlántico de mercadorías, coa conexión por tren do porto da Coruña e saída cara a Portugal en Vigo. Sobre a AP-9, o ministro di que seguen traballando no real decreto para aplicar as bonificacións e coincide con Feijóo en deseñar xuntos o modelo de descontos.

"O ministro díxonos que o ministerio traballa coa data de presentar o real decreto este semestre, polo tanto agardo que poidamos ter no segundo semestre esa redución efectiva das peaxes na auoestrada do Atlántico", explicou Feijóo. Pola súa banda, José Luis Ábalos dixo que "acordaron con Feijóo tratar de aunar criterios sobre as bonificacións e que a concesionaria saiba que o Goberno e a Xunta están na mesma posición".

Feijóo pediulle a Ábalos ter encontros periódicos para falar das infraestruturas pendentes. O ministro aceptou e a seguinte será en abril en Galicia.

Noticias web

10/03/2021