O Goberno presentará "nuns meses" o seu plan para pagar nas autovías
Defende que a gratuidade é unha excepción en Europa e asegura que buscará o consenso | A Xunta pide "menos présas" e diálogo
O Goberno quere cobrar unha taxa por uso das autovías porque a rede gratis, di, é unha excepción en Europa. Aseguran que é necesario para o bo mantemento destas infraestruturas. O executivo central agarda que esta taxa por uso se faga con consenso coas autonomías e sectores máis afectados. No caso do País Vasco será o goberno autonómico quen decida xa que as competencias nesta materia están transferidas.
O Goberno quere impoñer unha taxa para circular polas autovías. Na conferencia de prensa posterior ao Consello de Ministros, a titular de Transportes, Raquel Sánchez, confirmou que presentarán a medida "nuns meses" a súa proposta de "sistema de tarificación" (peaxes) nas estradas de alta capacidadedespois de analizala con todos os sectores implicados
Buscarase, segundo a ministra, o mellor sistema para asegurar o mantemento das vias de alta capacidade. O sistema someterase ao debate co conxunto dos axentes sociais e económicos e co sector do transporte. Ademais o Goberno buscará o consenso político para implantar estas peaxes, que "deben estar" na liña do que vén aplicando xa en 24 dos 27 estados da Unión Europea, dixo Sánchez.
As asociacións de transportistas opóñense. Esta medida, din, suporia unha carga adicional para un sector que xa sofre o incremento dos carburantes.José Fernandez, o vicepresidente da Asociación de Transportistas de Lugo di que xa recadan mais de quince mil millóns en distintos impostos para manter as infraestruturas.
E tamén se opoñen as asociacions de conductores"Porque os automovilistas vanse desviar cara as estradas secundarias, co conseguinte perigo", di Antonio Lucas García Director de Seguridade Vial de RACE
Desde a Xunta aseguran que non coñecen nin a proposta nin o modelo pero cren que non é momento. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, reclamou ao Goberno central que teña "menos présas" para implantar o pago nas autovías e apelou a que haxa "máis diálogo, reflexión e transparencia". Vázquez tamén ve unha "incoherencia" falar do pago destas infraestruturas cando "se están liberando peaxes noutras comunidades autónomas".