CRTVG

Buscar

O Consello de Ministros aproba hoxe a prórroga dos ERTE ata finais de xaneiro, con ou sen o visto e prace dos empresarios

Publicado o 29/09/2020 08:52

Con ou sen o visto e prace dos empresarios, o Goberno aproba hoxe no Consello de Ministros a prórroga dos ERTE ata finais de xaneiro.

O Consello de Ministros de hoxe ten previsto prorrogar a vixencia dos Expedientes de Regulación Temporal de Emprego co visto e prace dos sindicatos, pero coa decisión da patronal aínda no aire, pendente dunha reunión da CEOE que vai ter lugar dentro duns minutos, ás oito e media.

O acordo entre Goberno e sindicatos supón a prorrogación dos ERTE ata o 31 de xaneiro de 2021. Ademais, amplíanse os ERTE de repunta a todos os traballadores, incluídos os fixos discontinuos e os contratados a tempo parcial. Tamén se manteñen as prestacións para os afectados polo ERTE máis de 180 dias, e non poderán ser despedidos.

A patronal, pola súa banda, di que non asinará o acordo se se exclúen moitas empresas da súa aplicación.

Pero como os actuais ERTE derivados da pandemia caducan mañá, o Goberno ten pensado levar as novas condicións ao Consello de Ministros de hoxe, con ou sen acordo cos empresarios.

 

Noticias web

29/09/2020