CRTVG

Buscar

O Goberno prepárase para declarar este domingo o estado de alarma

Publicado o 24/10/2020 14:20

O estado de alarma parece cuestión de horas. O Goberno prepárase para declaralo este domingo nun Consello de Ministros extraordinario previsto para primeira hora da mañá. A convocatoria chega horas despois da cascada de pedimentos dos presidentes autonómicos para que o Goberno central tome as rendas da situación.

Nas útlimas horas pediron a declaración do estado de alarma 10 comunidades autonómas xunto con Melilla. O obxectivo é que cada territorio teña cobertura xurídica para endurecer as restricións á mobilidade e poñer en marcha o toque de queda.

 

Noticias web

24/10/2020