CRTVG

Buscar

O Goberno precisa dos apoios da moción de censura para os decretos dos venres sociais

Publicado o 03/04/2019 15:34

Son seis decretos os sometidos a votación, aprobados polo Goberno despois de disolverse as Cortes. Entre eles, un plan fronte a un brexit duro, a ampliación dos permisos de paternidade, o subsidio para parados maiores de 52 anos ou a reforma dos alugueiros, entre outros. Pero as contas son moi axustadas: hai 65 membros na Deputación Permanente, precísanse 33 votos para validarse e PP e C's suman 32.

Os grupos que apoiaron a Sánchez na moción de censura votarán, en xeral, a favor, aínda que critican as formas. Ciudadanos mantén a incógnita. Só adiantan que votarán en contra do decreto de alugueiro.E dende o Partido Popular acusan a Pedro Sánchez de facer campaña cos consellos de ministros.

Noticias web

03/04/2019