CRTVG

Buscar

O Goberno portugués presenta o xoves un plan de desconfinamento

Publicado o 08/03/2021 21:09

En Portugal non houbo dúbidas de permitir ou non as concentracións deste 8-M. O confinamento xeral en que están inmersos non o permite. No país veciño optaron polas iniciatias a través de Internet.

Levan 53 días co comercio e a hostalería pechada e co deber obrigatorio de quedar na casa, aínda que esta fin de semana pasada só o 40 % por portugueses o cumpriron.

As cifras da pandemia seguen mellorando: os contaxios diarios pasaron dos 13.000 de hai mes e medio aos 350 notificados hoxe. O vindeiro xoves o Goberno presenta o plan de desconfinamento e poderase determinar cando elimirán as restricións na fronteira e reabren pasos como o da ponte de ferro de Tui-Valença, que tantos prexuízos económicos está provocando. 

Noticias web

08/03/2021