CRTVG

Buscar

O Goberno portugués pídelles aos cidadáns que se animen a volver á rúa

Publicado o 25/05/2020 17:08

Pídellelo e mesmo lles insiste. O desconfinamento comezou aquí en Portugal hai 3 semanas e, segundo unha publicación do país, as saídas á rúa só se incrementaron un 11 por cento. Dende o luns pasado comercios, bares e restaurantes están abertos e Portugal necesita volver á normalidade, pero parece que aos cidadáns aínda non lles parece prudente entrar en tendas ou sentar nunha terraza.

O propio primeiro ministro, António Costa, chama os medios para que o filmen tendo xuntanzas en bares apelando á normalidade. O país luso xa curou máis do 50% dos seus infectados por coronavirus e rexistra 1.316 mortes, máis da metade no norte do país. Con estes datos alentadores na man, mesmo o presidente da república, Rebelo de Sousa, esta fin de semana foi á praia e bañouse en Cascais para amosarlles aos portugueses que non hai perigo ningún.

Noticias web

25/05/2020