O Goberno portugués estuda manter o confinamento xeral ata despois de Semana Santa
O Goberno portugués estuda manter o confinamento xeral ata despois de Semana Santa. O país fará un mes con estas restricións o vindeiro luns.
A tendencia das cifras da covid-19 é á baixa, pero o Goberno teme que se abren comercios e hostalería antes de Semana Santa durante eses días festivos volva estalar unha bomba de contaxios como aconteceu no Nadal. Non é algo firme, pero semella que as decisións van cara a ese camiño.
Despois de varios días de baixada moi acusada de novos casos, nas últimas horas en Portugal case se dobrou a cifra anterior. Hai mellores noticias en canto ao número de falecidos, pasouse dos 303 de hai 11 días aos 161 de hoxe. Dende a oficina do presidente confirman que se estenden as restricións nas fronteiras ata o 1 de marzo. O Goberno español xa o comunicara hai dous días.