CRTVG

Buscar

O Goberno portugués estuda a posibilidade dun certificado covid

Publicado o 16/02/2021 15:20

O Goberno portugués explora a maneira de expedir un certificado médico ás persoas que pasaron a Covid e así permitir que viaxen. Estudan este método despois de que dende a Unión Europea expuxeran esta posibilidade.

Dende Bruxelas abriron a posibilidade de facer tests rápidos ou un certificado de que se pasou a covid para que os cidadáns viaxen tranquilos dentro da Unión Europea. Esta mañá soubemos a través dun xornal portugués que ao Goberno luso lle atrae a posibilidade de expedir un documento, se o precisan para viaxar, aos 665.000 portugueses que xa pasaron a covid-19.

Mentres, a situación sanitaria en Portugal segue sendo preocupante, aínda que os datos melloran cada día, deixando atrás o pico da terceira onda. Actualmente a incidencia é máis do dobre que en España, 900 positivos por cada 100.000 habitantes, e en España é de 415. 

 

Noticias web

16/02/2021