CRTVG

Buscar

Desavinza entre sindicatos na quinta xornada da folga de transportistas en Portugal

Publicado o 16/08/2019 09:57

O Sindicato Independente de Motoristas de Mercadorías acordou desconvocar a protesta que iniciaran xunto ao Sindicato Nacional de Materias Perigosas, por entender que a folga non surtiu os efectos desexados

Despois de catro días de folga, o Goberno de Portugal mantén a intervención parcial do paro, e grazas a eso o país non ten aínda problemas de suministro. O exército e a policía son os encargados de abastecer de combustible os puntos estratéxicos, como os hospitais ou os aeroportos, e tamén de manter a maior parte posible das gasolineiras abertas.

O executivo recoñece que utiliza camións españois para evitar problemas nalgunhas zonas, especialmente no Algarve e no norte do país, e defende que é unha manobra legal e normal en casos coma este alerta enerxética.

A folga é indefinida, e os principais sindicatos chaman á patronal a negociar a través dun mediador.

Pedro Pardal, presidente do Sindicato Nacional de Transportistas, "negociemos para acabar con este caos que se está a xerar e que vai aumantar, vai aumentar porque moitas gasolineras van quedar secas"

Mentres dure a folga, os cidadáns portugueses só poden botar 15 litros por día. O Goberno pídelles contención, e que gasten o menos posible. Por iso son cada vez máis os que cruzan a fronteira cara España e veñen encher o depósito por exemplo aquí a Galicia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/08/2019