CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

O Goberno portugués admite que o lume do Algarve tardará días en sufocarse

Publicado o 09/08/2018 15:23

O Goberno portugués admite que o incendio do Algarve tardará en sufocarse. Fai 7 días do seu inicio e hai localidades en perigo.

O vento fixo que a situación empeorara nas últimas horas e 100 persoas dos municipios de Silves e Foia tiveron que ser evacuadas de xeito urxente . O lume abrangue tal cantidade de terreo que o fume chegou á costa deixándose notar nas praias de Faro ateigadas de turistas. Na zona continúan traballando 1.400 efectivos e polo aire 3 avións.

O Goberno recibe críticas pola xestión. Os portugueses pregúntanse como é posible que esto aconteza despois do sufrido o pasado verán. En declaracións o primeiro Ministro, Antonio Costa, explicou que esta semana se iniciaron 26 lumes e só o de Monchique esta dando problemas. Con 21.000 hectáreas quiemadas é sen dúbida o peor incendio da temporada.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí