O Goberno planea adaptar os ERTE de novos gromos á situación actual e sen prazos
Publicado o 23/09/2020 09:11
O Goberno planea adaptar os ERTE de novos gromos á situación actual para darlles resposta a confinamentos como os decretados pola Comunidade de Madrid. Hoxe os axentes sociais retoman a negociación, coa idea de non poñer prazo.
"Non ten sentido que lle poñamos prazo a unha auténtica emerxencia, como estamos vendo estes días en Madrid. Esta ferramenta vai acompañar a todas as empresas ata cando sexa necesario. O Goberno de España coñece moi ben onde están os problemas, cales son as empresas e os traballadores que precisan dun reforzo na protección".