CRTVG

Buscar

O Goberno rexeita o estado de alarma de oito semanas que quere o PP

Publicado o 26/10/2020 20:00

O PP pon tres condicións para apoiar o estado de alarma: que vaia acompañado dunha reforma da lei de saúde, que sexa Sánchez e non o ministro quen dea contas periodicamente e que non dure máis de oito semanas.

Pablo Casado, presidente do PP, explica que "ata mediados de decembro estamos permitindo que, segundo as métricas que teñen as comunidades autónomas, a curva de contaxios se poida estabilizar e ademais que se poida limitar a mobilidade nas tres principais pontes. Queremos salvar a campaña do Nadal".

O Goberno rexéitao. Di que seis meses é o horizonte co que tamén traballan Francia ou Alemaña e lembran que se levantaría antes se a situación mellora.

Carolina Darias, ministra de Política Territorial e Función Pública, reclamou que "o Partido Popular debe abandoar as súas condicións e debe substituílas polas recomendacións dos expertos e da ciencia".

A prorrogación chega esta semana ao Congreso, onde o Goberno ten asegurado o non de Vox.

Jorge Buxadé, voceiro de Vox, tachou a iniciativa de "inconstitucional, ilegal, abusiva, desproporcionada, outro estado de excepción encuberto".

E o apoio do PNV. Aitor Esteban, o seu voceiro no Congreso, asegurou que "se este se produce para darlle poderes e seguridade xurídica a quen ten a competencia de sanidade, que son as comunidades autónomas, parécenos correcto".

Ciudadanos era favorable a apoiar o Goberno, pero Arrimadas dubida agora da duración: "Seis meses para aprobar una soa prórroga paréceme excesivo".

Están dispostos a negociar, igual que Esquerra, que tamén xulga esaxerado estar baixo estado de alarma ata maio.

Noticias web

26/10/2020