CRTVG

Buscar

O Goberno pídelle a PP e C's que se absteñan na investidura para evitar depender de independentistas

Publicado o 17/05/2019 20:34

O Goberno en funcións ten previsto que a investidura de Pedro Sánchez poida celebrarse a principios de xullo. Os socialistas pídenlle a PP e Ciudadanos que se absteñan na votación para non ter que depender dos independentistas cataláns.  Isabel Celaá, portavoz do Goberno en funcións: "Teñen unha maneira de evitalo, que é absterse na investidura de Pedro Sánchez, por certo, como fixo o PSOE no seu momento co fin de aportar estabilidade ao Goberno, ao país. Está nas súas mans, e podería ser un servizo a España"



 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/05/2019