CRTVG

Buscar

O Goberno pídelle a Alcoa que "reconsidere" o despedimento colectivo

Publicado o 29/05/2020 14:39

 

 

O Goberno pídelle a Alcoa "que reconsidere" a decisión de despedir a metade do cadro de persoal da empresa en San Cibrao. A voceira do Executivo, María Jesús Montero, asegurou que "a situación do estatuto (para o consumidor electrointensivo) estaba moi avanzada; chegou a pandemia e cuestións nas que o Goberno estaba traballando quedaron enlentecidas".

Segundo dixo, "o Goberno estaba traballando de forma moi intensa para axudar a este tipo de industrial que é moi importante para este país e que contaba non só con axudas para o CO2, tamén con axudas específicas a través de Reindus".