O Goberno pide que se investigue a marcha convocada en Chueca polo grupo Madrid Seguro
Publicado o 19/09/2021 14:25
O Goberno vai poñer en coñecemento da Fiscalía a manifestación que este sábado pola tarde percorreu as rúas de Chueca, en Madrid. A ministra de Igualdade anunciouno despois de que nas redes sociais apareceran imaxes dun grupo berrando consignas neonazis.
Os participantes ameazaban con botar dos barrios madrileños homosexuais e enfermos da sida. O Goberno central quere que se investigue un posible delito de odio na marcha convocada polo grupo Madrid Seguro.