CRTVG

Buscar

O Goberno pide non caer en alarmismos a pesar do incremento de contaxios

Publicado o 09/07/2021 16:10

As comunidades retroceden na desescalada. Queren limitar os contactos da xente, sabendo que cada vez colle máis forza a variante delta, moito máis contaxiosa. 

Esa variante india, xa é a predominante por exemplo en Madrid. O Goberno rexional advirte de que quedan semanas difíciles. A incidencia acumulada segue subindo en todo o país. As comunidades retroceden na desescalada e esta medianoite entran en vigor novas restricións en varios territorios.

E é que España está á cabeza dos contaxios en Europa: 4 de cada dez contaxios se están producindo aquí. A comisaria europea de saúde advirte dunha situación fráxil da pandemia no vello continente.

Ante o impacto que esta situación ten xa no turismo, o Goberno chama á calma. A ministra Reyes Maroto di que non hai presión hospitalaria malia a suba da incidencia e pide non despertar alarmas.

Noticias web

09/07/2021