Ribera pide "deixar os debates estériles e non distorsionar a realidade do lobo"
O Goberno defendeu hoxe no Senado a inclusión do lobo na listaxe de especies protexidas. O ministro para a Transición Ecolóxica e o de Agricultura aseguran que a decisión está baseada en criterios científicos, permitirá que os gandeiros teñan dereito a indemnizacións cando o seu gando sexa atacado e haberá un procedemento común para tramitar estes pagamentos en todo o territorio nacional.
Teresa Ribera, ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, cre que "a inclusión das poboacións de lobo na listaxe pode ser unha oportunidade para favorecer os efectos positivos para garantir a cohabitación coa gandería e para facelo de maneira máis xusta".
Galicia, Asturias, Cantabria e Castela- León píden que se reuna a Conferencia Sectorial de Medio Ambiente para debater a inclusión do lobo na lista de especies protexidas.
Planas ve posible protexer a biodiversidade e apoiar a gandería
O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luís Planas, ve "perfectamente" posible compaxinar a protección á biodiversidade co apoio á gandería extensiva polo que considerou viable a convivencia do lobo cos animais de produción. É "a constatación" que o Goberno "efectuou" e sobre a cal están a traballar, dixo