CRTVG

Buscar

O Goberno permitirá que os concellos usen os seus remanentes "sen límite"

Publicado o 30/09/2020 16:53

Tanto o Estado central, como as comunidades ou os concellos poderán gastar este ano e o que vén sen límite ningún. Facenda suspende as regras fiscais por recomendación da Unión Europea.

María Jesús Montero, ministra de Facenda, explicou que "esta decisión sen precedentes de suspender as regras fiscais ten como único obxectivo darlles esa capacidade ás administracións públicas de poñer todos os seus recursos a disposición dos seus cidadáns"

Os primeiros beneficiados son os concellos, que ven por fin despexado o camiño para usar uns aforros que a Lei de estabilidade lles impedía tocar.

Segundo Abel Caballero, presidente da Federación de Municipios e Provincias, "nesta forma de utilización está moi próxima aos 14.000 millóns de euros. É unha gran notiicia porque levabamos facendo esta demanda desde o ano 2012

Tampouco as comunidades terán que aterse a un límite de déficit. O Goberno vainos fixar igualmente, pero só como referencia.

Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta, cre que "todas as propostas que foi facendo e que foron fracasando, algunhas estrepitosamente, sempre se dicía desde o Goberno central 'tómalo ou déixalo', que non había alternativas. Lamento o tempo que se perdeu pero benvido sexa que entren en razón"

Os populares advertiron a ministra de que, aínda sen regras fiscais, o teito de gasto terá que ser votado no Congreso.

 

Noticias web

30/09/2020