CRTVG

Buscar

O Goberno: "O Val dos Caídos será un lugar de memoria para os dous bandos"

Publicado o 24/10/2019 19:59

• PP e C's cren que non era un asunto prioritario e Iglesias fala dun día emocionante

Abascal tacha de electoralista a exhumación nun mitin en Vigo

Albert Rivera di que, co paro, o problema de Cataluña, a baixa natalidade e a caixa das pensións baleira, os osos dun ditador morto hai 44 anos non deberían ser a prioridade. Nas antípodas do líder de Ciudadanos, a opinión dun Pablo Iglesias que, entre outras cousas, reclamaba que se tratase as vítimas do franquismo igual que as do terrorismo.

Pablo Iglesias, secretario xeral de Podemos, cre que "sen dúbida, é unha vitoria dos colectivos e asociacións que defenderon a memoria histórica, pero non basta con isto. É un día emocionante pero non se me esquece que chega tarde"

Pablo Casado ironizaba sobre a casualidade de que a exhumación coincidise cos datos da Enquisa de Poboación Activa. 

Pablo Casado, presidente do PP, parafraseaba o historiador falecido onte, Santos Juliá: "O pasado, pasado está. E, aínda que temos a obriga de coñecelo, non nos podemos deixar enredar nas súas redes. Porque hoxe non é onte".

O número 3 do PSOE, José Luis Ábalos, cre que a critica de electoralismo é unha análise miserable feita desde a frustración. A súa compañeira, Carmen Calvo, cre que agora toca darlle un novo valor ao monumento de Cuelgamuros.

Carmen Calvo, vicepesidenta do Goberno en funcións, di que "o Val dos Caídos, no seu momento, será un lugar de memoria, de honra dos que están alí e, finalmente de xustiza para todos, para os dous bandos"

De show electoral e necrófago cualificou o acontecido este xoves o líder de VOX, Santiago Abascal. Esquerra Republicana, Junts per Cat e Bildu, cren que a cerimonia de exhumación foi un acto de exaltación franquista contrario á Lei da memoria histórica, polo que piden a comparecencia no Congreso da ministra de Xustiza.

 

Noticias web

24/10/2019